A exposición Inquedanzas III inaugúrase na Pobra no 3 de xuño
A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal será escenario no 3 de xuño, ás 20.30 horas, da inauguración da exposición colectiva de pintura Inquedanzas III. Trátase dunha mostra formada por obras que plasman as inquedanzas das pintoras e pintores instruídos por Paola García: Ángela Campaña, Margot Fernández, Elena Moure, Elena Pazos, …