Repartidas dúas novas ducias de composteiros domésticos entre a veciñanza da Pobra
A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), continúa inmersa na terceira campaña do programa de autocompostaxe en vivendas unifamiliares, despois de que nas dúas quendas previas se distribuíse polo termo municipal un total de 110 colectores. A finalidade deste proxecto radica en fomenta-la …