O Concello de San Sadurniño adxudica en 161.634,58 euros o saneamento de Silvalonga e Piñeiros
A Plataforma de Contratación co Sector Público recolle desde hai uns días a resolución coa adxudicación definitiva do contrato de obras da nova rede de saneamento público que conectará Silvalonga coa EDAR de Cornide baixando por Piñeiros, preto do límite entre San Sadurniño e Narón. Dos traballos, que previsiblemente comezarán tralas vacacións de Nadal e …