Bernardo Fernández presenta en Santiago os seus 15 compromisos coa militancia, entre os que destaca unha Escola provincial de formación municipalista
Bernardo Fernández Piñeiro, candidato á secretaría xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, presentou oficialmente esta tarde en Santiago os seus 15 compromisos coa militancia. Nun acto celebrado na sede local do PSdeG, Bernardo Fernández explicou estas medidas, como xa leva facendo desde hai días, entre as que se atopa unha Escola provincial de formación …