Boqueixón celebrou o Día das Letras Galegas cun festival que combinou artes escénicas, animación á lectura e premios literarios
A Casa da Cultura de Camporrapado acolleu a entrega de galardóns do VII Certame de relato curto Xosé Neira Vilas O Concello de Boqueixón conmemorou o Día das Letras Galegas cun festival. Preto dun cento de persoas déronse cita o pasado domingo na Casa da Cultura de Camporrapado para gozaren dunha mañá chea de actividades. …






