Comezan os traballos para a mellora da seguridade viaria entre Rodiño e Codeso coa creación dunha senda peonil
A actuación conta cun orzamento de preto de 230.000 euros O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, visitou as obras de mellora de seguridade viaria na estrada provincial DP-1201 entre Rodiño e Codeso. Durante o seu percorrido, estivo acompañado por un técnico da Deputación da Coruña e por un responsable da empresa adxudicataria deste proxecto. …





