Clara Pino e Pablo Vidal descóbrenlle ao público a Xela Arias máis íntima
O público que se achegou na tarde deste martes 25 ao Auditorio do Museo Valle-Inclán tivo a oportunidade de desfrutar da charla musicada Irás, Dirás, Virás, unha homenaxe a Xela Arias, autora protagonista das Letras Galegas neste 2021. As persoas asistentes puideron coñecer así o lado máis íntimo da editora, tradutora, poeta e profesora, que …






