San Sadurniño abre o prazo de solicitude da convocatoria extraordinaria de bolsas escolares
Ata o día 26 de outubro poderán presentarse as solicitudes da convocatoria extraordinaria de bolsas escolares e de axudas para gastos de conciliación na escola infantil municipal. A partida ascende a 20.500 euros, que se distribuirán do seguinte modo: 9.500 para estudos posobrigatorios, 8.000 para estudos obrigatorios, 500 resérvanse para 2º ciclo de Educación Infantil …