O Concello de Malpica aposta polos ámbitos sociais e o crecemento económico co seu novo organigrama de goberno
• A corporación municipal deu o visto bo en sesión plenaria á nova distribución do goberno local, que constará de sete Concellerías. O Concello de Malpica aprobou na sesión plenaria deste xoves, 30 de setembro, un novo organigrama de goberno que aposta polos ámbitos sociais e o crecemento económico e que consta de sete Concellerías. …