A Xunta contribúe á celebración de preto de 400 concertos ao abeiro da liña extraordinaria de subvención a salas privadas
— A iniciativa, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, supuxo un investimento de 560.000 euros e beneficiou un total de 22 espazos habilitados para a organización de espectáculos musicais con público — As actuacións arrincaron no mes de xuño e está previsto que rematen a finais deste mes coa participación de máis de 300 solistas …