A Xunta está aberta a unha intervención temporal de Alu Ibérica por parte da SEPI para facilitar a entrada dun investidor solvente cun proxecto a longo prazo
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta no Parlamento que o Goberno galego seguirá ao lado dos traballadores da planta da Coruña na procura dunha alternativa que ofreza emprego estable e de futuro O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe no Parlamento …