O Concello reafirma o seu compromiso co tecido industrial dando luz verde a unha moción para apoiar o enlace do polígono coa AC-552
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinala que se trata “dun enlace fundamental para garantir que o polígono teña as mellores comunicacións posibles e sexa máis competitivo”. A rexedora manterá, a vindeira semana, unha nova reunión coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para arrincar o compromiso da Xunta de Galicia co financiamento deste proxecto. …