O GES de Brión asiste a unha persoa ferida leve nun accidente entre un turismo e un trailer na AC-300 ao seu paso por Babenzo
Efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión realizaron unha intervención nun accidente de tráfico que tivo lugar hoxe xoves, ás 13:00 horas, na AC-300 Os Ánxeles-A Picaraña, concretamente ao seu paso pola aldea de Babenzo, parroquia de Bastavales (Brión). O sinistro, producido por alcance dun turismo a un trailer, saldouse cunha persoa ferida leve …