Veciños e veciñas aprenden primeiros auxilios nun curso organizado pola Cruz Vermella da Coruña en colaboración co Concello de Frades
Un total de 16 veciños e veciñas de Frades e Mesía participaron nun curso de iniciación aos primeiros auxilios, organizado pola Cruz Vermella da Coruña, en colaboración co Concello de Frades, e impartido o pasado sábado no multiúsos fradense. Durante cinco horas, Alejandro Fernández Ruanova, técnico de emerxencias sanitarias, explicoulles os conceptos e técnicas …