Licitada a pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no Vilar en Carreira
O Concello de Riveira informa da licitación dunha nova actuación consistente na pavimentación e a instalación dunha rede de pluviais no núcleo do Vilar, situado na parroquia de Carreira. Na actualidade, as rúas onde se vai facer a intervención son de formigón e nelas se observan danos importantes, como disgregacións ou socavións no firme. …