A Xunta iniciará a vindeira semana a execución da senda na estrada AC-116, entre Riobó e Lago, en Valdoviño
Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade supón un investimento autonómico que ronda os 640.000 euros A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, comezará a vindeira semana as obras de construción do itinerario peonil e ciclista na estrada AC-116, entre Riobó e Lago, entre os puntos quilométricos 7+120 …