Corrubedo exhibe na súa Casa do Mar documentos, fotos, libros e obxectos que reflicten a historia do Cabo
A Casa do Mar de Corrubedo acolle durante os días de hoxe e mañá unha exposición histórica titulada “Corrubedo nos arquivos”. Promovida pola Asociación XI Séculos coa colaboración do Concello e con Francisco Sánchez Fraga como comisario, esta mañá tivo lugar un acto inaugural que contou tamén coa participación da concelleira de Cultura María Sampedro …