Catorce mozos e mozas do Val do Ulla completarán a súa formación con prácticas en Malta, Irlanda e Italia
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, reuniuse esta mañá cos participantes de Galeuropa no Concello de Boqueixón Catorce mozos e mozas dos municipios da agrupación do Val do Ulla (Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces) efectuarán prácticas non laborais en Malta, Irlanda e Italia para completar a súa formación. …