Corenta mozos e mozas de Guillena (Sevilla) visitan Brión
Un grupo de corenta mozos e mozas de Guillena (Sevilla) está a visitar durante estes días o municipio de Brión, reeditando unha vez máis os intercambios xuvenís entre ambos municipios iniciados no ano 1992 co gallo da Exposición Universal de Sevilla. Agora, 27 anos despois, os fillos e fillas daqueles primeiros rapaces a rapazas de …