As parroquias de Brión, Boullón, Os Ánxeles e Viceso beneficiaranse do despregamento de redes ultrarrápidas de acceso a Internet
As melloras beneficiarán á veciñanza de Mourentáns (Viceso), Tembra (Boullón), Cabanas e Gontade (Os Ánxeles) e practicamente todas as aldeas da parroquia de Brión O alcalde de Brión, José Luís García, celebra a confirmación do despregamento de redes ultrarrápidas de acceso a Internet en catro parroquias do municipio: Brión, Boullón, Os Ánxeles e Viceso. …