O Goberno local aproba o convenio con Fomento para a integración ambiental da rotonda de Conxo
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello e o Ministerio de Fomento para o desenvolvemento do proxecto de integración ambiental da rotonda elevada de Conxo. Dáse así un importante paso para o acondicionamento deste espazo, que a veciñanza do barrio viña reclamando dende a construción do túnel de Conxo. …