A Aldea de Verán visita a exposición de Antón Meizoso na galería do Concello de San Sadurniño
O programa socioeducativo Aldea de Verán elixe todos os anos un tema principal que guiará a maior parte das actividades da rapazada. Nesta edición ese fío condutor está sendo a arte e a expresión corporal, co obxectivo de que as nenas e nenos potencien a súa creatividade a través do descubrimento do cine, a escultura, …