Preto de trescentas persoas participaron na I Foliada Airiños Galegos, celebrada no campo da festa de Galegos (Frades)
Preto de 300 persoas participaron este domingo na primeira Foliada Airiños Galegos, organizada pola asociación de mulleres rurais Airiños Galegos en colaboración co Concello de Frades e a Rede Cultural da Deputación da Coruña. O campo da feira desta parroquia fradense acolleu unha gran churrascada previa á actuación de seis agrupacións folclóricas da comarca: Sarillo …