A escola infantil municipal de Brión abre o luns 16 de abril o prazo de inscrición para o curso 2018-19
O Concello de Brión informa de que a escola infantil municipal de Brión abrirá este luns 16 de abril o prazo de inscrición de nenos e nenas de 0 a 3 anos para o curso 2018-2019. As anotacións poderán realizarse no centro social polivalente de Brión (981 509 910) ata o vindeiro 30 de abril. …