Os Concellos de Frades e Mesía inician un curso conxunto de preparación dos exames para obter o graduado en ESO
As clases, para as que aínda hai prazas libres, terán lugar no local social de Papucín (Frades) todos os luns, martes e mércores, de 20:30 a 22:00 horas Os concellos de Frades e de Mesía organizan un curso preparatorio dos exames para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a persoas …