O Goberno local inicia o procedemento para revogar a licenza da planta de Miramontes
A Xunta de Goberno acordou hoxe incoar o procedemento de revogación de licenza de obras concedida para a construción da planta de tecnosolos de Miramontes, ao estimar que non se manteñen as condicións que motivaron a concesión dese permiso. A empresa responsable terá un prazo de 15 días para presentar as alegacións que considere oportunas. …