O Concello celebra o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, con máis dunha ducia de actividades
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, acompañada dos concelleiros de Medio Rural e de Mocidade, Rafael Peña e Noa Morales, presentaron esta mañá as actividades que organiza o Concello con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Tal e como indicou a concelleira de Igualdade, “trátase dunha programación transversal” na que participan Igualdade, …