A carballeira de Santa Minia acollerá mañá martes a proxección da película “A Esmorga”
A carballeira de Santa Minia (Brión) acollerá mañá martes 4 de xullo, ás 22:30 horas, a proxección dun dos éxitos recentes do cine feito en Galicia: “A esmorga” (2014) do director Ignacio Villar e adaptación da obra de Eduardo Blanco-Amor. Unha proxección incluída no programa “Noites de Cine”, organizado polo Concello de Brión e patrocinado …