Centos de veciños e veciñas de Brión desfrutaron dos cinco concertos da “Noite en Branco da Magariños”
Centos de veciños e veciñas de Brión sumáronse á “Noite en Branco da Magariños”, cinco concertos noutros tantos edificios públicos brioneses ofrecidos polo alumnado da Escola Municipal de Música Magariños de Brión, en colaboración coa Banda de Música Municipal de Brión. Entre as 22:00 horas do pasado venres e as 0:30 do sábado, os rapaces …