San Sadurniño abrirá o 1 de xuño o prazo de inscrición no programa de conciliación Aldea de Verán
A Aldea de Verán é un programa do departamento de Igualdade que busca ofrecerlle á rapazada de entre 3 e 12 anos un espazo de lecer e educación durante as vacacións estivais, ao tempo que lles facilita ás familias conciliar traballo e coidado dos nenos e nenas neses dous meses en que están na casa. …