A III Gala de Patinaxe Concello de Frades reunirá mañá sábado en Ponte Carreira ás escolas de Cerceda, Curtis, Frades e Mesía
O pavillón polideportivo de Ponte Carreira acollerá mañá sábado 22 de abril, a partir das 16:30 horas, a III Gala de Patinaxe Concello de Frades. Trátase dunha xornada de carácter lúdico-deportivo de carácter non competitivo na que participarán as escolas municipais de Cerceda, Curtis, Frades e Mesía. Cada unha das escolas participantes fará varias exhibicións …