COMUNICADO DE PRENSA AO RESPECTO DA CALIDADE DOS SERVIZOS SOCIAIS NO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO E SOBRE A OBTENCIÓN DE INFORMACIÓN POR PARTE DO PP SOBRE DATOS ASISTENCIAIS
Ante os comentarios vertidos no último Pleno e posteriormente en diferentes medios de comunicación polo Portavoz do PP de San Sadurniño, cómpre informar sobre a realidade actual dos servizos de atención á Dependencia e de Axuda no Fogar e o contexto no que se move, e desmontar deste modo as acusacións de “falta de xestión” …