O centro cultural de Sigüeiro acollerá ata o 28 de xaneiro unha mostra fotográfica do Can de Palleiro e obradoiros para os nenos e nenas
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente do Club de Raza Can de Palleiro, Ernesto Fernández Ruíz, inauguraron unha exposición fotográfica sobre o can de palleiro, que poderá visitarse no centro cultural de Sigüeiro ata o próximo 28 de xaneiro. Manuel Mirás agradeceulle ao Club “o seu traballo na recuperación desta raza autóctona …