O Boudsport de Ordes regresa a casa con dous ouros do Professional Taekwondo Open
O Club Boudsport volveu a demostrar a súa valía no Professional Taekwondo Open, celebrado esta fin de semana en Zamora. En total foron sete competidores, dos cales dous saíron vitoriosos das finais. Tamén se acadou o terceiro posto por equipos na categoría precadete. Os ouros foron para Sara Gacio Cendal (cadete) e Daniel Botana Beis …






