O pleno de Oroso aproba o 9 de febreiro e o 16 de setembro como festivos locais do ano 2016
O pleno do Concello de Oroso aprobou hoxe a inclusión do 9 de febreiro –martes de entroido- e do 16 de setembro –festividade de Santa Eufemia- como días de festa de carácter retribuído e non recuperables no municipio para o exercicio 2016. A decisión foi tomada na sesión ordinaria por unanimidade e sen propostas alternativas. …




