Comezan as obras para dotar de 530 metros de beirarrúas á estrada entre o núcleo de Aguiño e o lugar da Graña
O Concello de Riveira informa do comezo dunha nova actuación consistente na dotación de beirarrúas ao tramo situado entre o núcleo urbano de Aguiño e o lugar da Graña. Operarios da empresa adxudicataria Tarrío y Suárez principiaron esta obra, que ten un importe de 205.517,62 euros, IVE incluído. O prazo de execución son catro meses. …


