Unha vintena de nedenses fórmanse no manexo de desfibrilador e en primeiros auxilios
Unha vintena de persoas participaron onte á tarde no obradoiro de primeiros auxilios e manexo do desfibrilador semiautomático, organizado polo Concello de Neda e a Escola galega de saúde para cidadáns. Na actividade afondouse na denominada “cadea de supervivencia”, esencial para que unha persoa sobreviva ante unha situación que pon en perigo a súa vida. …