Trinta mulleres aprenderon sobre servizo doméstico nun curso ofrecido en Riveira pola Fundación Humanismo e Democracia
A Fundación Humanismo e Democracia (H+D ONG) en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais do Concello de Riveira e co financiamento do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade acaba de completar no noso municipio un curso gratuíto de formación básica para persoas empregadas no servizo doméstico no que participaron un total de 30 mulleres. …