O Concello de San Sadurniño e as entidades apícolas piden colaboración na campaña de trampeo contra a avespa asiática
As velutinas osman a primavera. Preparémonos! Estamos a piques de entrar na primavera, a pesar de que o tempo frío e revolto destes días diga o contrario. Sábeno ben as raíñas de vespa velutina nigrithorax que, aínda co fresco e a auga, empezan a saír xa dos seus tobos de hibernación para fundaren novas colonias. …