Cinco persoas feridas nun accidente de tráfico na A6, ao seu paso polo concello de Aranga
Os bombeiros do parque provincial de Betanzos desprazáronse esta mañá ata o punto quilométrico 541 da A6, ao seu paso polo concello de Aranga en dirección Lugo, por un accidente de tráfico no que resultaron feridas cinco persoas. As vítimas foron trasladas ao centro hospitalario de referencia.