O pleno aproba por unanimidade o POS+ 2025, o novo Plan de Igualdade e o convenio con Arteixo para a obra de mellora da estrada e servizos na Esquipa
Tamén se elevou a definitiva a aprobación da modificación da ordenanza municipal reguladora da corta e transporte da madeira de tala. No primeiro Pleno ordinario deste ano 2025 celebrado hoxe acordouse por unanimidade definir o destino dos fondos do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2025. …