David Vela, Pablo Prado, Andrés Chinchilla e David García Vivancos son os gañadores do XXIX Concurso de Humor Gráfico e Caricatura Curuxa do Humor
Logo das oportunas deliberacións, na xuntanza celebrada este mediodía no Museo do Humor Xaquín Marín, o xurado do XXIX concurso de humor gráfico e caricatura Curuxa do Humor acordou outorgar a David Vela Cervera o 1º premio Curuxa e a Pablo Prado Fernández o 2º premio Curuxa; a Andrés Chinchilla Argibay o premio Curuxa Nova …