Alternativa dos Veciños critica que o Goberno do PP de Arteixo incremente un 7,7 % os seus soldos mentres mantén sen cambios as axudas ás asociacións
O alcalde, os concelleiros e concelleiras do Goberno e os sete asesores incrementan as súas retribucións nun orzamento que destina preto dun millón de euros aos soldos dos cargos políticos e asesores vinculados ao PP. Alternativa dos Veciños critica que os orzamentos municipais aprobados esta semana contemplen unha subida salarial do 7,7 % para os …










