O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo pon de relevo ante a comunidade universitaria os seus traballos a prol do rural e da transferencia de coñecementos ao sector primario
Un grupo de alumnos da Escola Politécnica Superior da USC en Lugo coñeceron os proxectos de investigación desenvoltos no CIAM Facendo un percorrido polas instalacións, comprobaron que o Centro dispón dunhas 320 hectáreas dedicadas a actividades agrícolas, de experimentación e de demostración en pequena e gran parcela, así como á investigación en rabaños de gando …








