O estadio de Río Seco acollerá en setembro o X Torneo internacional Cidade de Narón de fútbol 8
O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou xunto con Juan Carlos Vázquez, coordinador de fútbol 8 na Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa Narón-O Freixo, a décima edición do Torneo Internacional Cidade de Narón de fútbol 8. Un evento deportivo que se levará a cabo do 5 ao 7 de setembro, nas categorías alevíns e benxamíns, …










