UDC Narahío e CF San Sadurniño disputarán este domingo o XXIV Trofeo Concello de San Sadurniño
Os dous clubes locais que xogan na segunda autonómica de fútbol, o Narahío e o San Sadurniño, enfrontaranse este domingo a partir das 18.30h. no campo da Veiga para tentar facerse co XXIV Trofeo Concello de San Sadurniño. Unha competición que este ano recupera o formato de un único encontro tras varias edicións como triangular. …







