O presidente da Xunta resalta que en 2015 a Axenda Tributaria de Galicia “logrou máis ingresos, máis comprobacións e máis facilidades para que os cidadáns poidan cumprir coas súas obrigas”
A Atriga conseguiu que aflorasen 150 millóns de débeda non declarada e que crecese un 20 por cento o importe obtido polo labor de inspección, que o ano pasado ascendeu a 39,3 millóns O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, fixo balance das actuacións de control que levou a cabo a Axencia Tributaria de …



