Aprobados definitivamente os orzamentos do Concello de Brión para 2020, que ascenden a 6,7 millóns e aumenta nun 10% a partida destinada a emprego e servizos sociais
O BOP publica hoxe a aprobación definitiva do orzamento 2020 do Concello de Brión, aprobado inicialmente en febreiro pola unanimidade dos grupos políticos municipais. Un orzamento equilibrado que ascende a 6.745.220,39 euros, un 6,63% máis co ano anterior (6.326.110,96 euros), e que incrementa nun 10% a partida destinada a Servizos Sociais e Emprego. Unhas contas …