Volven as Festas do Apóstolo cunha programación marcada pola calidade e a diversidade cultural, co pregón de Ghaleb Jaber Ibrahim
As Festas do Apóstolo 2026 botan a andar mañá, mércores 22, co pregón a cargo do empresario e impulsor da Fundación Araguaney Ghaleb Jaber Ibrahim, que terá lugar ás 21.30 h desde o balcón do Pazo de Raxoi. Antes, desde as 20.00 horas, a praza da Quintana acolle o concerto da Real Filharmonía de Galicia. …









