Entroido Carral
O campo da Feira de Carral foi esta tarde o escenario da cita co Entroido 2022. Ademais dun obradoiro sobre a festividade, que tivo lugar de 16:00 a 18:00 horas, tamén se celebrou un desfile e concurso de disfraces desde as 18:15 horas no que se repartiron 2.000 euros en premios.